Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAFoz

O Ría de Foz clasificou para a final provincial de atletismo en pista Xogade a case 50 atletas

Por 30 Maio, 2022Sin comentarios

Ao longo de toda a xornada de onte desenvolveuse nas pistas de atletismo de Lugo a final provincial de atletismo en pista Xogade. O Club Atletismo Ría de Foz  clasificou para esta final case 50 atletas.

Todos os participantes deron o mellor de si e realizaron un grandísimo papel. Así, dende o club focego sinalan os resultados máis destacados obtidos polos seus atletas.

“Excelente campionato o realizado polos nosos atletas das categorías inferiores, tanto os que tiveron a fortuna de subir ao podio como aos que non. Desfrutaron, aprenderon e competiron. Que máis se pode pedir? Parabéns a todos eles”, indicaban dende a directiva do club.

  • SARA PALOMERO 3º posto (50m SUB 10)
  • NEREA MIGUEL 2º posto (Tríatlon SUB 10)
  • NOELIA GAYOSO 3º posto (Tríatlon SUB 10)
  • MIGUEL DIZ 1º posto (Altura SUB 12)
  • MIGUEL DIZ 2º posto (1000m SUB 12)
  • XABI DIZ 1º posto (2000m SUB 12)
  • IAGO BALSEIRO 3º posto (Tríatlon SUB 12)
  • AMINA BOUYZAR 3º posto (1000m SUB 12)
  • CARLA IRAVEDRA 3º posto (Tríatlon SUB 12)
  • HUGO LORENZO 3º posto (500m SUB 14)
  • LUIS BERDEAL 3º posto (1000m obst. SUB 14)
  • MARINA GARCÍA 1º posto (150m SUB 14)
  • MARINA GARCÍA 1º posto (Triplo salto SUB 14)
  • MARINA GARCÍA 2º posto (500m SUB 14)
  • SOFÍA BEN 3º posto (500m SUB 14)
  • SOFÍA BEN 2° posto (80m SUB 14)
  • ALBA IRAVEDRA 3º posto (80m val. SUB 14)
  • ALBA IRAVEDRA 2º posto (1000m obst. SUB 14)
  • ANTÍA FERNÁNDEZ 2º posto (Altura SUB 14)
  • RÍA DE FOZ 3º posto no relevo 4x60m masc. SUB 12
  • RÍA DE FOZ 3º posto no relevo 4x80m fem. SUB 14