Skip to main content
Lourenzá

Lourenzá acolle un obradoiro sobre arte feito con papel

Por 18 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello de Lourenzá prepara un novo obradoiro para este venres día 20 de maio sobre manualidades e arte feito con papel.

Está destinado a persoas adultas e será na biblioteca municipal a partir das 17.30 horas. Para participar será necesario anotarse previamente na biblioteca.

Todos os días úsase papel para moitas cousas, e con esta premisa recomenda achegarse a este obradoiro e descubrir como crear as pezas tridimensionais. Crear unha figura dos personaxe favorito cunha técnica milenaria, usando só papeis reciclados, un pouco de engrudo e toda a imaxinación.