Skip to main content
Lourenzá

O XVI Agasallo a Luis Seoane de Lourenzá será o 1 de xuño

Por 29 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello de Lourenzá acollerá o XVI Agasallo a Luis Seoane, coincidindo coa data de nacemento do escritor, o 1 de xuño. Esta homenaxe realizarase como sempre na Escola de Arroxo en horario de 12.00 a 20.30 horas.

Haberá unha presentación ás 20.00 horas da Biblioteca Maravillas, que contará con Begoña e Vicente da Editorial Media Vaca, premio nacional ao mellor labor editorial 2018; e membros do Goberno local laurentino.

Rosa Espiñeira, estudosa dea obra do pintor, informou que a recadación pola venta de libros destinarase a darlle vida á escola de Arroxo para que siga crecendo e o local poida acoller cursos e outras actividades.

Así mesmo, o evento contará con mostra de libros e carteis, haberá conversas, doces e máis sorpresas. O evento está organizado pola editorial Figurando Recordos Edicións en colaboración co Concello.