Skip to main content
Axenda CaducadaMondoñedo

O barrio dos Muíños de Mondoñedo celebrará o Foleón de San Xoán

Por 20 Maio, 2022Xuño 24th, 2022Sin comentarios

O barrio dos Muíños, na localidade de Mondoñedo, celebrará o Foleón de San Xoán na xornada do xoves 23 de xuño.

Os asistentes a este evento lúdico poderán gozar cos actos programados; colchonetas inchables a partir das 17.00 horas, unha cea ás 21.30 e despois a verbena con música co dúo Epo- k e unha actuación dun DJ.

Xa ás 00.00 horas será a quenda da esperada fogueira de San Xoán ou encendido do Foleón.

Dende a organización informan de que se disporá de mesas e sillas para quen queira ir cear ou levar a cea.