Skip to main content
Mondoñedo

Os organizadores do Mercado Medieval de Mondoñedo comezan cos preparativos

Por 21 Maio, 2022Sin comentarios

Os organizadores do Mercado Medieval de Mondoñedo, que este ano chega a súa trixésima edición, comezan a facer os preparativos do evento que se celebrará os días 12, 13 e 14 de agosto.

Para elo están a promocionar as vodas medievais polo rito mozárabe ou a buscar participantes para ser merina ou merino no Mercado.

Para participar ou recabar máis información será necesario ser maior de 18 anos e anotarse antes do domingo 26 de xuño na oficina de turismo mindoniense.

O ano pasado Mondoñedo celebrou o XXIX Mercado Medieval cunha edición simbólica os días 13, 14 e 15 de agosto. Unha edición que aínda estivo marcada pola pandemia polo que contou cun protocolo de seguridade, co fin de cumprir totalmente as medidas sanitarias de prevención fronte aos contaxios da covid-19.

Polo tanto, non houbo actividades de degustación gastronómica e existiu unha ambientación simbólica cun marcado carácter histórico e cultural que incluía actividades na praza da Catedral.