Skip to main content
A Pontenova

O PP nomea a Concepción Novo presidenta da xestora da Pontenova

Por 16 Maio, 2022Sin comentarios

O Partido Popular refórzase en A Pontenova, nomeando a Concepción novo Mourelle presidenta da xestora da agrupación local. Deste xeito, a dirección provincial continúa “buscando equipos que nos permitan ser a alternativa nas vindeiras eleccións”.

Neste senso, a formación mariñá, en coordinación coa provincial, configurará proximamente a nova estrutura de traballo. O acordo adoptouse esta fin de semana, no marco dunha reunión que tanto a presidenta, Elena Candia, como o secretario xeral, Javier Nodal, e o coordinador xeral, José Manuel Balseiro, mantiveron en dita localidade.

Candia, Nodal e Balseiro agradecen a disposición e o compromiso da nova dirixente, que, ademais, destacan, “é da Pontenova e viviu sempre na Pontenova”. 

PERSOA DE PARTIDO

Técnica de raios de profesión e vinculada  á formación popular dende hai dúas décadas, asume o cargo “con moita responsabilidade”, adiantando que “imos abrir o partido porque todos facemos falta”. Neste senso, a presidenta da xestora, que tamén é a presidenta da Asociación do Cancro da localidade, promete “traballo e moita escoita” porque, só así, di, “podemos captar a ese electorado que, por exemplo, nas autonómicas, nos apoiou masivamente”.