Skip to main content
Ribadeo

O Concello de Ribadeo realizará un lavado dos contedores verdes así como renovar 40

Por 10 Maio, 2022Sin comentarios

A Concellaría de Medio Ambiente anunciou o lavado dos contedores verdes, que se realizará ao longo dos vindeiros días, así como a instalación de 40 contedores novos en diferentes puntos do concello para reforzar sobre todo as zonas onde hai máis locais hostaleiros.

Dende o Concello piden colaboración á veciñanza e tamén ao sector hostaleiro para que o lixo se deposite polas noites nos contedores correspondentes e en bolsas pechadas. Todo co obxectivo de evitar cheiros innecesarios agora que chega o calor.

Por outra banda “imos contar con mobiliario novo. Son arredor de corenta unidades de contedores verdes, que instalaremos estes días, e unhas cincuenta papeleiras para poder ir cambiando aquelas que así o precisen”.