Skip to main content
Ribadeo

O Concello de Ribadeo organiza unha viaxe ao balneario Forus, de Xixón

Por 12 Maio, 2022Sin comentarios

A Concellaría de Igualdade organiza unha viaxe ao balneario Forus, de Xixón, o vindeiro 29 de maio. Forma parte das actividades de lecer para as mulleres que este departamento retoma despois da pandemia do covid. O Concello costea un autobús con 50 prazas e as asistentes aboarán 18 euros por acceder ao balneario. O prazo de inscrición ábrese mañá, 12 de maio, e rematará o 25. 

A viaxe terá lugar o 29 de maio pola tarde, saíndo ás 14.30 horas desde diante da oficina de turismo e regresando ao redor das 21.00 horas. As persoas que queiran participar nesta viaxe terán que sufragar a cota por utilización do Talaso, que ascende a 18 euros e inscribirse previamente. O Concello de Ribadeo custea o autobús no que se desprazase a expedición. 

As interesadas poderán anotarse enviando un correo ao CIM: cim@ribadeo.org ou chamando ao telefono 982 120 739. E é necesario levar gorro, toalla e chanclas para as zonas acuáticas.

Con esta viaxe ao balneario Forus, de Xixón, búscase favorecer o tempo propio na vida das mulleres, que desconecten, baixen o ritmo e dediquen tempo a esas cousas aparentemente banais que moitas veces pasamos por alto. A talasoterapia é un tratamento moi eficaz que ten fins terapéuticos e que se centra en aproveitar os elementos do entorno mariño para mellorar o estado da pel e da saúde.