Skip to main content
Ribadeo

Os populares de Ribadeo piden acondicionar o campo da Devesa

Por 12 Maio, 2022Sin comentarios

O coordinador de deportes do PP ribadense, Tito Suárez, explica que “despois das xestións do noso Grupo Municipal, lográbamos que se acondicionara o campamento xuvenil da Devesa para que puidera adestrar con garantía o Ribadeo FC ante a imposibilidade de facelo no campo municipal da Devesa debido ao abandono e deixadez por parte do goberno local do BNG”.

Ante esta situación, Tito Suárez propón que “agora que o campo municipal da Devesa queda máis libre de adestramentos, pedimos ao goberno do BNG que se ten pensado actuar nel que sexa con miras de futuro; non pan para hoxe e fame para mañá”. 

O popular aposta por “acondicionar o campo municipal da Devesa con garantías” de forma que, “en caso de necesidade puntual, para descargar de partidos ao municipal Pepe Barrera, se poida empregar para competir”. 

O coordinador de deportes sinala que “non pode ser que polo mal estado do terreo de xogo, os xogadores sufran lesións”.