Skip to main content
Ribadeo

22 profesores de Turquía, Grecia, Italia e España daranse cita en Ribadeo esta fin de semana

Por 13 Maio, 2022Sin comentarios

Ribadeo acolle do 14 ao 16 de maio unha reunión de traballo do proxecto europeo Sustainable Efficient and Socially Inclusive Quality Apprendice Training, no que participa Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia).

Un total de 22 profesores de Turquía, Grecia, Italia e España daranse cita en Ribadeo. O sábado pola mañá os socios do proxecto poñerán en común os traballos realizados, presentarase unha guía en formato electrónico e despois hai programadas varias visitas a empresas da comarca como Hijos de Ramón Rubal ou Carrocerías Irmáns Rega. Os asistentes coñecerán na xornada do sábado Leira Galea, en Alfoz, e despois de desprazarán a Mondoñedo onde visitarán un taller de fabricación de zuecas, os museos de Álvaro Cunqueiro, o da imprenta e o de José Varro, ademais da Catedral.

O domingo, día 15, os profesores viaxarán pola mañá ata o concello asturiano de Taramundi, onde coñecerán o conxunto etnográfico de Teixois e varios talleres de emprendedores. E pola tarde achegaranse ata A Pontenova para visitar mina Consolo e a Tirolesa das Minas.
As sesións de traballo seguirán o luns nas instalacións de Apaga, en Ribadeo, con varios relatorios. Os asistentes a este encontro europeo visitarán a praia de As Catedrais, realizarán un percorrido guiado por Ribadeo e coñecerán as instalacións da hípica La Frontera no veciño concello de Castropol. Este encontro concluirá o luns pola noite.