Skip to main content
Ribadeo

Ribadeo terá un novo aparcadoiro na esquina entre a rúa Nova e a rúa do Pipelo

Por 16 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello de Ribadeo creará un aparcadoiro na esquina entre a rúa Nova e a rúa do Pipelo cun investimento da Deputación de Lugo duns 44.000 euros.

O proxecto, que contará con financiamento da Área de Medio Rural da Deputación de Lugo, permitirá habilitar 70 prazas de aparcamento a carón do centro histórico, a escasos metros do Pazo do Ibáñez.

O casco vello, como todos os conxuntos históricos teñen problemas para lograr aparcamentos de vehículos e por iso queren buscar solucións para facilitar o aparcamento tanto á veciñanza coma os visitantes en xeral e reducir o tránsito de vehículos nas rúas do casco histórico. 

Na execución das obras contémplase a limpeza e afirmado das parcelas, que teñen unha lixeira pendente, coa retirada da terra vexetal. A parte da superficie acondicionada pavimentarase só con saburra (zahorra) para habilitar as prazas de aparcamento, en tres filas e corredores centrais.  

O proxecto permitirá habilitar 70 prazas de aparcamento a carón do centro histórico e a escasos metros do Concello. Este novo servizo virá resolver  situacións de incomodidade para moitos veciños residentes facilitándolles un espazo de aparcamento próximo ás súas vivendas.