Skip to main content
Ribadeo

O PP de Ribadeo propón pintar o auditorio e colocar cámaras de vixilancia

Por 18 Maio, 2022Sin comentarios

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, advirte da falta de conservación por parte do goberno local do BNG do auditorio municipal que está cheo de humidades e presenta graffitis no exterior e cristais rotos.

Sierra explica que “levamos moito tempo pedindo unha conservación do noso auditorio municipal. Lembremos que a Xunta investiu hai pouco 13.500 euros neste auditorio para a eliminación de humidades, pero como non existe unha conservación e este goberno do BNG non valora o diñeiro público; é coma se tirásemolo”.

A popular sinala esta situación como outro exemplo de “a falta de traballo deste goberno sobre a conservación de edificios municipais”. 

O Grupo Municipal Popular propón pintar o exterior para eliminar os graffitis, substituír os cristais rotos por outros novos e colocar cámaras de vixilancia para evitar que estas instalacións volvan sufrir algún dano.