Skip to main content
Ribadeo

O plan de formación no rural de Ribadeo volve en xuño

Por 20 Maio, 2022Sin comentarios

O plan de formación no rural do Concello de Ribadeo volve en xuño con dous novos obradoiros. Haberá un de cestería en Covelas o día 11 e outro de xardinería en Vilaframil o 18.

O primeiro será un obradoiro de cestería de colmo con tireta de vimbio, que será impartido por Lola Tourón, cesteira de renome e moi coñecida en toda Galicia. Este curso terá lugar o vindeiro día 11 de xuño na escola de Covelas en horario de mañá e tarde, desde as 11 ás 14 horas e de 16 a 19 horas.

Na segunda quincena do mes o día 18 de xuño, en horario de 16 a 20 horas da tarde, organizarase un taller de iniciación á xardinería, onde aprenderanse nocións básicas para o deseño dun xardín. Neste caso, será impartido por Iván Prado, profesional do sector e que conta con moita experiencia neste ámbito. Esta xornada desenvolverase na escola de Vilaframil.

Este plan de formación, que é a continuidade do xa iniciado o ano pasado, pretende seguir dando contido aos diferentes locais e escolas que temos nas parroquias, ofrecendo unha oferta variada e moi interesante a todas aquelas persoas que queiran participar. 

As persoas interesadas en asistir a estas actividades deberán chamar ao teléfono do Concello 982 128 650, preferiblemente antes do 3 de xuño, para anotarse.