Skip to main content
Ribadeo

O 5 de xuño será a II Regata Copa Deputación de Piragüismo de Ribadeo

Por 31 Maio, 2022Xuño 5th, 2022Sin comentarios

O próximo domingo 5 de xuño volve o piragüismo de base a Ribadeo da man da Copa Deputación de Lugo que dará comezo ás 18.00 horas na ría de Ribadeo, A Vilavella e Os Bloques.

Todas aquelas persoas que se queiran achegar a vela, que eviten no posible o paso polas instalacións da Vilavella para evitar o contacto cos deportistas. Poden achegarse a vela a través da praia dos Bloques, ou dende o outro lado da Vilavella, no paseo que vai cara as Aceas.