Skip to main content
Trabada

A Asociación Cultural O Picato de Trabada organiza o XVII Premio Literario O Picato

Por 4 Maio, 2022Sin comentarios

A Asociación Cultural O Picato de Trabada organiza alén do Día das Letras Galegas, o 17 de maio, o XVII Premio Literario O Picato que acolle modalidades de debuzo, narración e fotografía.

As dúas primeiras, en narración e debuxo a temática Galiza infinda será compartida na honra de Florencia Delgado Gurriarán, e para a categoría de fotografía, a temática será Fotografía as túas letras.

Todos os traballos deberán ir en lingua galega e terán unha extensión máxima dun folio por unha cara. As fotografías tampouco deberán superar o tamaño folio e deben ter un título en galego.

Para participar será necesario entregar os traballos antes das 19.00 horas do 11 de maio no Spar Express de Trabada oi no correo electrónico asociacionculturalopicato@gmail.com

Haberá premios para o 1º e 2º en cada categoría e subcategoría, e tamén agasallos para todos os participantes. O acto de entrega de premios será na Casa da Cultura de Trabada o propio día das Letras Galegas.