Skip to main content
Trabada

O PP de Trabada afea dúas mocións presentadas polo PSOE no Pleno

Por 21 Maio, 2022Sin comentarios

O Partido Popular de Trabada destacou trala celebración do Pleno ordinario desta semana dúas mocións presentadas polo PSOE, unha delas referente aos Coidados Porta a Porta e outra referida á planta de fibras textis de Altri.

Na primeira referida ao programa Porta a Porta, os socialistas pedían que a Xunta de Galicia fixera permanente este servicio e propoñían algunhas idea a ter en conta pola administración autonómica. “Nós pola nosa parte abstivemonos e explicamos os motivos polo que non apoiamos esa moción”, din os populares, “vemos en primeiro lugar que o servicio lles gusta e o ven interesante, por iso a Xunta está actuando como debe. Pero vemos incoherente dicir que queren este servicio permanentemente, e por outra banda criticalo dicindo que é caro e que non funciona ben,algo que non entendemos”.

“O que pedimos nós é que se apoie sen fisuras este servicio ,que non se poñan trabas de ningún tipo,e que se colabore coa Xunta acercando á xente ese servicio,facilitando pedir citas e acercandoos se é preciso”, engadiron os populares trabadenses.

A outra moción presentada facía referencia á planta de fibras textis de Altri, na que os populares votaron en contra pois “non podemos estar dacordo en culpar á Xunta da decisión que tomou de instalarse fóra da Mariña”.

“Baixo o noso punto de vista estase tentando crear malestar e non contar a verdade. É moi irresponsable dicir que existen intereses ocultos para non instalar a fábrica na Mariña, cando foi unha petición expresa do Parlamento que tiña como primeira opción a Mariña, no caso que o proxecto fose tecnicamente viable”, din.

“A empresa contratou unha consultora prestixiosa, estudou 31 localizacións en Lugo, e con especial atención a Mariña ,pero non reunía os requisitos técnicos, especialmente por falta de auga doce”, sinalan desde o Partido Popular.

Os socialistas da Mariña “están usando isto para tapar os verdadeiros problemas que temos pola inacción do Gobero central e deberían buscar solución para Alcoa cun plan enerxético estable, como prometeron fai moito tempo”, engaden.

Dende o Partido Popular din que se debería estar agradecido de que a planta de Altri se quede en Lugo pois podería marchar para moi lonxe e sería moi triste.

“Debemos ser serios, e aínda que a nós tamén nos gustaría que quedase na Mariña, ou máis preto dela, pero é unha decisión empresarial na cal nós pouco podemos facer máis”, finalizan dicindo os populares.