Skip to main content
Trabada

O PP de Trabada comunicou que caeu un dos piares da ponte da Escanarega

Por 27 Maio, 2022Sin comentarios

O Partido Popular de Trabada vén de informar que un dos piares da ponte da Escanarega caeu e pode resultar perigosa para a circulación.

“A ver se van dar unha voltiña por ahí e se arranxa”, din os populares trabadenses. Por outra banda engadían que “de paso a ver se dán unha volta e se acondicionan pistas en San Esteban e Orrea que lles cadra cerquiña”.

“Traer a maquinaria da Deputación está moi ben, e en tres anos non a vimos, agora vén polo noso Concello, xa sabemos porque, pero dende o principio de lexislatura debe facerse unha planificación exhaustiva e en 4 anos faise moito”, engadiron, “deixemonos de parchear, pódese aglomerar e deixar en bo estado as pistas do Concello, e non querer facer todo nun ano”.