Skip to main content
O Valadouro

O Valadouro conmemora o Día das Letras Galegas con actos formativos e culturais

Por 12 Maio, 2022Sin comentarios

A Concellería de Cultura do Concello de Valadouro conmemora a insigne e máis destacada data de nosa cultura, o Día das Letras Galegas, celebrando varios actos formativos, culturais e de lecer.

Esta programación se inicia no luns, 16 de maio, con senllos obradoiros dedicados aos máis cativos. Pola mañá ás 11.00 horas, Estefanía Padulles dirixe un interesante Obradoiro para a confeccíon dun libro propio que está orientado para nenos a partir de 5 anos. Pola tarde, a eso das 17:00, é o turno de Jorge Campos, que impartirá un ameno Obradoiro de iniciación na Banda Deseñada que está orientado para participantes de máis de 7 anos.

Ambos obradoiros se realizaran nas instalacións da Casa da Cultura. O prazo de inscrición remata o venres, 13 ás 15.00 horas.

O 17 de maio, o día grande de nosas Letras Galegas, honraremos a memoria do ilustre homenaxeado, Florencio Delgado Gurriarán, glosando vida e obra a través de Trémola Teatro.

Seguidamente serán os membros da A.C. Amado Lar que recitaran poemas escollidos do autor de Valdeorras que mesturaran con interpretacións de música galega tradicional.

pLembran que o acto do 17 de maio terá lugar na Praza de Santa María da vila de Ferreira a partires das 19.00 horas.