Skip to main content
Vegadeo

Pablo Fernández Abuin, novo secretario xeral da agrupación socialista de Vegadeo

Por 5 Maio, 2022Sin comentarios

A asemblea congresual extraordinaria para a renovación da Comisión Executiva Municipal celebrada en Vegadeo, decidiu que Pablo Fernández Abuín sexa o novo secretario xeral da agrupación.

Así, Fernández Abuín  foi elexido cun 95% dos votos, participando nesta máis un 60% da militancia. Nesta asemblea participou o secretario xeral Adrián Barbón, a secretaria de Medio Rural, Agricultura e Gandería, Alba Álvarez Núñez e a secretaria executiva de loita contra a violencia machista, Clara García.

A nova Comisión Executiva Municipal está composta por Pablo Fernández Abuín como secretario xeral, Bruno Fernández Espiña como secretario de Organización, Administración e Acción Electoral, Adriana Iglesias como secretaria de Igualdade e Benestar Social, Anxo Enterríos Quintana como secretario de Política Municipal e Medio Rural, María Rodríguez García como secretaria de Formación, Mobilización e Cultura.

“Queremos tamén agradecer á Comisión Executiva saínte, e en especial a Arantxa Gonzalez Montell, a súa dedicación e traballo durante o últimos catro anos. Esperamos que no próximo mandato, consigamos devolver con esforzo e constancia, a ilusión e confianza depositadas onte en todos nós”, dixo Fernández Abuín..