Skip to main content
O Vicedo

O Vicedo abre a convocatoria para as subvencións a asociacións

Por 16 Maio, 2022Maio 17th, 2022Sin comentarios

O Concello do Vicedo vén de informar de que o prazo de solicitude de subvencións a asociacións do municipio para a realización de actividades culturais está aberto.

Así, dende hoxe e ata o 14 de xuño poderanas solicitar todas aquelas asociacións que estean inscritas no municipio e teñan repercusión ou influencia no Concello e os seus habitantes.

O requisito indispensable para solicitalas e figurar inscrito no rexistro municipal de asociacións.

O modelo de solicitude será entregado nas oficinas de Servizos Sociais do Concello do Vicedo onde tamén se informará de toda a documentación e o procedemento.