Skip to main content
Viveiro

Viveiro avanza no seu Plan de Igualdade para empregados

Por 6 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello de Viveiro acolleu a segunda xuntanza da Comisión Negociadora do Plan de Igualdade para empregados públicos do Concello.

Tras aprobar a constitución da comisión, procedeuse á aprobación do seu regulamento, para o que se tiveron en conta as modificacións propostas polos representantes sindicais. Con respecto ao Plan de Igualdade, acordouse que a partir deste momento cada sindicato remita as súas propostas para empezar a negociación do plan, de cara á convocatoria da seguinte reunión.

Co impulso e aprobación deste primeiro plan de igualdade, o Concello de Viveiro reforza o seu compromiso no traballo pola igualdade entre mulleres e homes en todos os ámbitos.

A súa aprobación suporá dar cumprimento aos preceptos legais vixentes no que respecta ás obrigas de todas as administracións públicas. Isto implica adoptar medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación por razóns de xénero e á elaboración dun plan no seo da organización.