Skip to main content
Viveiro

A sala multiusos de Viveiro acolle desde a exposición A voltas coas palabras

Por 10 Maio, 2022Sin comentarios

A sala multiusos do Concello de Viveiro acolle desde onte a exposición ‘A voltas coas palabras’ organizada pola Microrrede A Mariña, coa colaboración do Concello de Viveiro.

A Microrrede A Mariña é un proxecto colaborativo das bibliotecas escolares da Mariña que retoma esta iniciativa despois de dous anos de parada obrigada por mor da pandemia.

Na exposición que onte se inaugurou inclúense os traballos dos seguintes centros: EEI San Roque (Viveiro); CEP Lois Tobío (Viveiro); CEIP de Celeiro (Celeiro-Viveiro); CEIP Plurilingüe de Covas (Covas-Viveiro); CEIP Plurilingüe Santa Rita (Galdo-Viveiro); CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán (Xove); CEIP de Cervo (Cervo); CEIP Plurilingüe Vista Alegre (Burela); CEIP Gregorio Sanz (Ribadeo); IES María Sarmiento (Viveiro); IES Vilar Ponte (Viveiro); IES Perdouro (Burela); IES Monte Castelo (Burela), e EOI de Ribadeo (Ribadeo).

“Dende o Concello de Viveiro queremos aproveitar a ocasión para felicitar a todo o alumnado e ao profesorado polo seu gran traballo e, neste caso, polo esforzo realizado dende as bibliotecas escolares para fomentar a lectura, ao tempo que se levan a cabo iniciativas coma esta”, asegurou no acto inaugural a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Móstranse traballos que inclúen un código QR cos datos do centro e técnica empregada. A temática deste ano foi a literatura oral, que se traballou tamén dende o punto de vista artístico e plástico.

Como todos os anos, tamén se buscou a colaboración e implicación dos centros educativos, das familias e dos nenos, pedíndolle ás familias que enviaran lendas ou contos. A mostra pode visitarse ao longo desta semana.