Skip to main content
Viveiro

O BNG de Viveiro pregunta polo skatepark

Por 18 Maio, 2022Sin comentarios

En setembro do ano pasado o BNG de Viveiro, por medio da súa portavoz Míriam Bermúdez, levou ao pleno a construcción dun skatepark, demanda histórica nunha vila con moita cultura tanto no mundo do surf como do skate. A moción saíu aprobada coa mención unánime da corporación sobor os éxitos dos surfistas viveirense, “pero a día de hoxe o Goberno do PSOE segue sen poñer os medios necesarios para que poidan adestrar e desenvolver todo o seu potencial, e tamén sen crear escolas de base para atraer e animar ás crianzas a interesarse por este deporte”, di Bermúdez.

A proposta foi aprobada por unanimidade, pero “a María Loureiro púidolle máis o orgullo que o propio beneficio para a veciñanza dicindo literalmente que se ía facer, pero cando o goberno o decidira e non cando o dixera o BNG”. Na actualidade non se coñece ningún trámite neste eido, polo que parece que o goberno non se debeu decidir aínda.

Un skate park en Viveiro tamén atraería xente doutras vilas cos beneficios que iso suporía. “Teremos que agardar a pesar de que a demanda crece, mentres as nosas e os nosos skaters se ven obrigados a desprazarse a San Cibrao, Foz, Ribadeo, Lugo ou O Saviñao, vilas nas cales si existen este tipo de instalacións”, engade a nacionalista viveirense.

Dende o BNG demandan unha vez máis que o goberno atenda as demandas da veciñanza e cumpra co acordo plenario de crear un skatepark en Viveiro.