Skip to main content
Viveiro

O Club Balonmán Panadería de Covas organiza unha tarde de actividades

Por 21 Maio, 2022Maio 28th, 2022Sin comentarios

O Club de Balonmán Panadería Covas de Viveiro organiza o sábado 28 de maio, a partir das 16.00 no pavillón municipal de Viveiro unha tarde de actividades deportivas.

Así, pecharán a tempada con diferentes actividades para o desfrute dos pequenos e comezarán co I Torneo Escolas Deportivas Balonmán Viveiro ás 16.00 horas onde os pequenos xogarán varios encontros de minibalonmán.

Acto seguido, ás 18.00 horas, será o encontró entre o equipo cadete masculino contra os familiares de dito equipo.

E ás 19.30 horas comezará o encontro do equipo sénior masculino de Primeira Autonómica contra o equipo de veteráns e antigos xogadores do club.