Skip to main content
Viveiro

Carmen Calvo foi a última relatora do ciclo sobre Maruja Mallo en Viveiro

Por 21 Maio, 2022Sin comentarios

A presidenta da Comisión de Igualdade do Congreso dos Deputados, Carmen Calvo, pechou onte o ciclo de conferencias Maruja Mallo. Viveiro e a vangarda do século XX. 

Calvo foi a última relatora destas conferencias, que comezaron o pasado mes de marzo. Nestes meses, diferentes expertos e expertas ofreceron o seu coñecemento sobre a figura de Maruja Mallo. 

Na súa intervención no acto, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, agradeceu a presenza de Carmen Calvo, “unha figura clave na política española dos últimos anos para a defensa dos valores feministas e a loita pola igualdade real na nosa sociedade”.

Loureiro quixo tamén poñer en valor “o traballo da concellería de Cultura e Muller e da súa concelleira, Lara Fernández, polo seu traballo na organización deste ciclo”.

“A igualdade real entre mulleres e homes, como ben sabe a nosa invitada de hoxe, Carmen Calvo, non é unha loita superada, pero é unha prioridade para o Concello de Viveiro, por iso é tan importante coñecer os pasos dados con anterioridade por referentes como Maruja Mallo”, engadiu a alcaldesa.

Calvo asinou no libro de sinaturas do Concello de Viveiro e participou nunha visita á casa onde naceu Maruja Mallo, situada na avenida de Lourdes.