Skip to main content
Viveiro

Mikel Erentxun actuará nas festas de San Roque de Viveiro

Por 26 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello de Viveiro comeza a anunciar o programa das Festas Patronais de Viveiro, que se celebran a mediados do mes de agosto con motivo do San Roque.

O concerto principal das festas deste ano será o ofrecido por Mikel Erentxun, un dos artistas máis consolidados no panorama da música en España. O seu concerto será na Praza Maior de Viveiro o 15 de agosto.

“O noso propósito é recuperar este ano as festas de San Roque ao máximo, tras dous anos de limitacións por mor da pandemia. Agardamos que a cidadanía e os visitantes gocen programación na que traballamos e que pronto anunciaremos ao completo”, sinala María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Ademais, co obxectivo de apostar pola música feita en Galicia, o sábado 13 de agosto, Viveiro acollerá o concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre. O evento será ademais un concerto inclusivo, coa posibilidade de que as persoas xordas empreguen mochilas vibratorias para gozar da cita musical. Tamén haberá unha persoa para realizar a tradución a lingua de signos.

“A inclusión debe chegar a todos os ámbitos da sociedade, por iso, co programa Viveiro Inclúe buscamos que a cultura tamén sexa accesible para as persoas con diversidade funcional”, engade a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.