Skip to main content
Viveiro

Galdo, en Viveiro, está de festa o sábado 4 de xuño

Por 28 Maio, 2022Xuño 4th, 2022Sin comentarios

A asociación de veciños Camiño de Galdo organiza unha festa o sábado 4 de xuño cun evento que comeza ese mesmo día pola noite, ás 21.30 horas.

Contará coa degustación de churrasco gratuita para socios e 10 euros para os que non o sexan. Máis tarde será a gran verbena coa orquestra Horizonte.

Esta cita será no local social da asociación de veciños  situado na trave do colexio vello de Galdo.