Skip to main content
Xove

O punto limpo de Xove muda o horario de atención ao público

Por 18 Maio, 2022Sin comentarios

O punto limpo do Concello de Xove vén de mudar o horario de atención ao público, así, os luns estará aberto de 8.00 a 14.30 e de 16.00 a 19.00 horas, de martes a venres de 8.00 a 15.00 horas e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.

Hai que lembrar que contan cun servizo gratuito de recollida a domicilio de plásticos agrícolas, de materiais como mobles, electrodomésticos, colchóns, etc. Tansó haberá que chamar ao teléfono 618 661 166.

Así mesmo informan de que nos colectores de lixo que están na rúa está prohibido depositar herba cortada, restos de animais mortos, materiais de obra, pneumáticos.