Skip to main content
Axenda Caducada

A parroquia de Vilameá, na Pontenova, organiza a Festa das Flores

Por 2 Maio, 2022Maio 21st, 2022Sin comentarios

A parroquia de Vilameá no Concello da Pontenova organiza para o sábado 21 de maio a Festa das Flores, unha celebración que contará con música e gastronomía a partes iguais.

Ás 18.00 horas haberá misa solemne e acto seguido será a procesión polo pobo e a sesión de alterne a cargo da solista Verónica Cambón que tamén amenizará a verbena da noite.

Xa pola noite, ás 22.00 será a quenda da cea na compaña de veciños, familiares e amigos e estará servido polo Hotel San Briz. Terá un prezo de 20 euros para adultos e 12 para nenos de 3 a 12 anos.

A data límite de recollida dos ticket é o 15 de maio e poderanse adquirir no Hotel San Briz, na Librería Eugenia, na Panadería Millán e á propia Comisión organizadora.