Skip to main content
Axenda Caducada

Momán celebra este sábado a Festa da Paella

Por 4 Maio, 2022Maio 7th, 2022Sin comentarios

A parroquia de Momán, en Xermade, celebra este sábado, 7 de maio, a XI edición da Festa da Paella tras varios anos de seca debido á pandemia.

A celebración volve ao grande cun xantar ás 14.30 horas no campo da feira, no que poderá degustarse, ademais da consabida paella, empanada, carne ao caldeiro, viño, refrescos, postre, café e licores.

O xantar ten un prezo de 22 euros aínda que os nenos de entre 6 e 12 anos pagarán 10 euros e os menores desa idade nada. A organización lembra que haberá que reservar mesa para grupos de máis de 6 persoas.

Ademais do xantar, tamén haberá unha competición de tute, sorteo de agasallos e o Dúo Venus porá a nota musical a unha xornada que organzia a Sociedade Cultural e Recreativa de Momán.