Skip to main content
Axenda Caducada

Os Xoves na Biblio das Pontes dedícanse aos monicreques

Por 4 Maio, 2022Maio 5th, 2022Sin comentarios

A Biblioteca das Pontes continuará este xoves, 5 de maio, coa súa programación dedicada aos máis pequenos dentro do programa Xoves na Biblio.

Así, está previsto o a sesión de monicreques de Carmen Domech co título Onde viven os monstros, que terá lugar a partir das 18.00 horas na Casa Dopeso para público de 3 a 11 anos.

Trátase dunha adaptación para monicreques do clásico de Maurice Sendak, da man de Camen Domech. Max é un neno que ten un día rebelde. É castigado a irse á súa habitación e de súpeto ve como as paredes desaparecen e o seu cuarto pasa a converterese no mundo enteiro.

Max atopa un barco co seu nome, que aparece ancorado nunha praia, e navega nel ata o lugar onde viven os monstros. Como el é o máis terrible de todos eles, os monstros noméano o seu rei.

Max ordena que comece a “Festa Monstro”, pero máis tarde dáse conta de que quere regresar á súa casa. Os monstros queren impedilo, xa que están encantados con el, pero Max está decidido. O neno abandona o lugar onde viven os monstros e regresa á súa habitación, quítase a carapucha de monstro, e a rabia e o enfado quedan atrás.

Entrada de balde, previa inscrición na biblioteca de forma presencial ou no teléfono 981 102 562.