Skip to main content
Axenda Caducada

O Ateneo de Monforte acolle a presentación de ‘Galegas na ciencia’

Por 4 Maio, 2022Sin comentarios

O Ateneo de Monforte acolle este venres, ás 20.15 horas, a presentación de Galegas na ciencia, publicado por Belagua Ediciones. O libro recolle as  biografías de vinte galegas pioneiras no mundo da ciencia. No acto intervirán a  autora, Isabel Blanco, e a editora, Edurne Baines. 

De Isabel Zendal (1.777) a María Teresa Miras Portugal (1.948), as mulleres das que  se ocupa este libro teñen en común a súa galeguidade e o feito de seren  pioneiras nos seus ámbitos. Elas abriron as portas da ciencia vencendo  obstáculos e, en ocasións, burlas e desprezos. 

Malia os seus logros, foron silenciadas e ignoradas pola historia. Galegas na  ciencia reverte esta ausencia recuperando as biografías da primeira xinecóloga,  a primeira arquitecta, a primeira astrónoma, a primeira programadora… Os  textos son acompañadas por magníficas ilustracións de María Lapido. 

A escritora e xurista Isabel Blanco busca con este libro animar as novas xeracións  a perseguir os seus sonos. 

“Quixen facer un libro que axude a romper estereotipos de xénero abrindo as  portas das ciencias a homes e mulleres por igual,” explica a autora. “E, para iso,  decidín apoiarme na historia destas vinte mulleres científicas, que teñen que  servir como referentes”. 

Galegas na ciencia visibiliza a figura destas mulleres contextualizando o  momento histórico que lles tocou vivir, e sinalando os obstáculos que tiveron  para desenvolver as súas capacidades. 

A presentación será este venres 6 ás 20:15 no Ateneo Casino de Monforte de  Lemos. O acceso ao evento é libre ata completar aforo.