Skip to main content
Axenda CaducadaVegadeo

A Cinemateca Ambulante de Vegadeo ofrece catro curtametraxes producidas en Asturias

Por 8 Maio, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

A Cinemateca Ambulante ofrece neste programa unha selección de catro curtametraxes producidas recentemente en Asturias e que están incluídos no catálogo de distribución Curtametraxes Laboral Cinemateca.

Esta é unha sesión diversa, áxil e apaixonante, onde teñen cabida o documental e a ficción e que aposta, sobre todo, polos novos talentos asturianos. Está composta por catro obras que percorreron algúns dos máis importantes festivais internacionais de todo o planeta, sendo algúns deles merecedores de varios premios.

Proxectaranse o día 11 de maio na casa da cultura ás 20.00 horas e a sesión comezará coa obra La colcha y la madre de David P. Sañudo, seguirá Los ladrillos de Tito Montero, Moru de Ángeles Muñiz Cachón e Nyami Nyami de David Rodríguez Muñiz.