Skip to main content
Axenda CaducadaViveiro

Viveiro dará visibilidade á diversidade funcional coa actividade ‘Con ojo de pez’

Por 10 Maio, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

O Concello de Viveiro programa unha nova actividade de inclusión en colaboración coa Asociación Igual Arte, centrada en dar visibilidade á diversidade funcional. Así, Viveiro foi escollido para acoller o xoves 19 de maio a proposta artística “Con ojo de pez”, na que participan persoas con diversidade funcional. 

A iniciativa busca invadir os escaparates de diferentes localidades con performances de danza, teatro ou música. Búscase achegar ao público o traballo dunha sala de ensaio, coas conversacións previas a unha actuación e explicando o esforzo detrás dun espectáculo.

No caso de Viveiro, a actuación realizarase na Sala Multiusos do Concello, na zona de vidreiras que se pode ver dende o exterior do edificio. Dende o goberno local sinalan que é unha contorna visible para a cidadanía, na que gozar dunha mostra de arte igualitaria. 

Así, o xoves 19 de maio ás 18:30, Viveiro recibirá, dentro do proxecto “Con ojo de pez”, a actuación de “Vuelta y media”, co seu espectáculo “Vecinos”, no que se unen teatralidade e danza acrobática. A continuación, representarase “Habitarme” da compañía “Al lío”, nunha actuación co foco na muller, reivindicando o seu espazo a través da expresión corporal. 

“É unha satisfacción que Viveiro sexa escollido para este espectáculo, recoñecendo así o esforzo que facemos en prol da inclusión no noso municipio”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.