Skip to main content
Axenda CaducadaLourenzá

Lourenzá celebra o día 28 unha cea baile

Por 13 Maio, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

Lourenzá celebra o 28 de maio unha cea baile, organizada pola Comisión de festas da Filomena 2022, que dará comezo a partir das 22.00 horas e estará servida por Chao dos Navais na Nave de Seco.

O programa inclúe a cea que consta de sopa de marisco, churrasco, sobremesa, bebida, café e chupito, e ademais a verbena amenizada polo dúo Epo-k e DJ Billy.

Para asistir será necesario mercar as tarxetas antes do 33 de maio en Xiraldo, Gayoso, Baos, Pipote, Galaxia, Morrigan ou Torreón.

Para máis información haberá que poñerse en contacto coa Comisión nos teléfonos 664 462 196 ou 619 402 723.