Skip to main content
Axenda CaducadaOurol

Organizan unha xornada en Burela sobre a saúde mental trala pandemia

Por 12 Maio, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

Galiza Nova – A Mariña organiza este venres 13 de maio ás 17.30 no Hotel Nordés en Burela un acto sobre saúde mental, baixo o nome de O custo de sobrevivir – A quebra da saúde mental.

“Para as mozas e mozos mariñaos a situación é preocupante sobre todo tras a pandemia, cando o diagnóstico de enfermedades mentais na xente moza aumentou, polo que é necesario tamén que o cadro de psiquiatras de Saúde Mental na Mariña estea ao cen por cen”, así o explicou Pilar Vázquez, responsable comarcal da organización xuvenil do BNG, quen afirmou tamén que “a covid-19 colocou en primeiro plano a nosa saúde e reforzou as dinámicas alienantes e illadoras dun fallido Estado de Benestar relacionadas coas formas modernas de sufrimento psíquico na mocidade”

Para Galiza Nova, “ademais de ter que asumir responsabilidades por enriba das nosas posibilidades, vendo como a pandemia aumentaba as desigualdades que xa existían, as limitacións sanitarias e as medidas de distanciamento social mudaron a nosa forma de relacionarnos, levando ao illamento en moitos casos e en consecuencia á soidade”. Afirman tamén desde a orgnización xuvenil que “a mocidade sufrimos ademais unha brutal campaña de criminalización por parte dos grandes medios de comunicación e dos gobernos tanto do Estado como da Xunta, facendo que recaera sobre nós a culpa dos surtos e as vagas da covid-19”
Para tratar todos estes temas, aos que Galiza Nova convida á sociedade mariñá en xeral e especialmente á xente moza, á comunidade educativa e aos colectivos do ámbito socio-sanitario, ademais de Pilar Vázquez, o venres 13 no Hotel Nordés en Burela estarán tamén: Diego González Peña, psiquiatra, Conchi Abad, psicóloga da UAD de Burela, Montserrat Porteiro, coordinadora da Plataforma na Defensa da Sanidade da Mariña e Marta Gómez, secretaria xeral de Galiza Nova.