Skip to main content
Axenda CaducadaViveiro

Viveiro acolle unha charla sobre o acollemento familiar

Por 15 Maio, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

Lourenzá acolle unha charla informativa sobre o acollemento familiar o vindeiro mércores 18 de maio ás 18.00 no Salón do Torreón do Centro de Servicios Sociales. A xornada , baixo o nome, Contigo Florece: xerando cultura de acollemento, estará impartida pola Asociación Galega de Familias de Acollida, Acougo. 

A intención da charla é difundir e sensibilizar sobre o acollemento familiar, como unha medida de protección á infancia e á adolescencia. Asemade, o goberno local proporcionará información básica sobre o sistema de protección, para que a cidadanía se achegue a esta realidade creando cultura do acollemento familiar e impulsando esta medida no municipio. 

A charla terá unha duración de dúas horas e un carácter activo e participativo, dando un rol protagonista ás persoas participantes. Entre os contidos, trataranse conceptos teóricos para entender o marco do sistema de protección a menores, a carteira de servizos nesta materia e os axentes implicados, as características básicas do acollemento familiar e unha aproximación emocional ao tema. 

Con esta iniciativa preténdese continuar sensibilizando á poboación sobre as dificultades que atopan os menores neste tipo de situacións, unhas eivas que o goberno local está comprometido a eliminar. 

As persoas interesadas en asistir deberán confirmar a súa inscrición no teléfono 622 672 188 ou formalizar a inscrición na seguinte ligazón.