Skip to main content
Axenda CaducadaPantón

A Feira do Viño de Pantón, Festa de Interese Turístico de Galicia, será esta fin de semana

Por 12 Maio, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

Hoxe presentouse oficialmente a Feira do Viño de Pantón, que inaugura unha nova etapa co seu recoñecemento como festa de interese turístico galego, e que suporá maior proxección para este evento tanto dentro como fóra de Galicia.

Esta mostra, que chega a súa XXVII edición celebrarase os días 14 e 15 e concorrerán oito adegas da zona. Pódese consultar o programa completo aquí.

A feira tamén foi innovando e medrando, e dende hai cinco anos suma a Romaría Festa da Empanada, que se celebrará o sábado.

As casetas das adegas abrirán no recinto feiral o sábado ás 12.45 horas, e a inauguración correrá a cargo do delegado territorial. A continuación entregaranse os premios do VII Concurso fotográfico Red Ribeira Sacra-Viticultura Heroica. José Mouriño Cuba, membro da Academia de Gastronomía, ofrecerá o pregón o domingo ás 13.00 horas. Durante as dúas xornadas haberá animación musical e concertos e postos de artesanía.

Ademais, este ano habilítanse autobuses -con traxectos de ida e volta- que sairán desde Monforte de Lemos ás 13.00 horas e ás 19.30, e desde Escairón ás 13.45 e 20.15 horas. Para regresar haberá servizos ás 2.00 e ás 3.00 da madrugada.

O Consello da Xunta aprobou o pasado día 21 de abril declarar o interese turístico desta feira en base ao seu arraigo, valor cultural ou singularidade, ademais de valorar aspectos como a contorna ou as infraestruturas e equipamentos con que conta para o seu axeitado desenvolvemento.

Neste sentido, destacou o propio carácter diferenciador da viticultura da zona, que vén dado pola súa situación xeográfica ao atoparse entre as ribeiras de tres ríos (Cabe, Sil e Miño), que producen cadansúas uvas con características propias que deste xeito resultan determinantes no produto final.