Skip to main content
Axenda CaducadaOuteiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

A casa museo de Manuel María acolle a fase final do concurso de videopoemas

Por 13 Maio, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

Once son os videopoemas finalistas que este sábado, 14 de maio, exhibiranse publicamente na Casa-Museo Manuel María e que foron seleccionados entre os máis de oitenta traballos que participaron no Concurso escolar de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María, que este ano vai pola súa quinta edición. Ao final da exhibición, o xurado emitirá o seu ditame co que, ao seu xuízo, son os os dous mellores traballos presentados.

O concurso ten como finalidade a potenciación da creatividade artística, a través da conxunción da palabra, o son e a imaxe, e o coñecemento e difusión da obra de Rosalía e Manuel María, e participan mozas e mozos que van desde 1º da ESO até Bacharelato, incluíndo Ciclos Formativos. Os trinta centros educativos inscritos na presente edición son das localidades de Lugo, Ourense, A Coruña, Rodeiro, Sanxenxo, Xanceda, Panxón, Porriño, Carballo, Narón, Portas, Valga, Moaña, Maceda, Cambados, Castro de Ribeiras de Lea, Pontevedra, Monforte, Redondela, Neda, A Estrada, Rianxo e Compostela.

A xornada final, a celebrar este sábado, dará comezo ás 11 horas co visionado dos videopoemas finalistas e finalizará unha vez se entreguen os premios dos traballos gañadores. As persoas asistentes a esta actividade terán a posibilidade de facer unha visita guiada á Casa-Museo e descubrir a figura de Manuel María e o seu acervo