Skip to main content
Axenda Caducada

As Pontes presenta o cómic que recolle a historia de García Rodríguez

Por 16 Maio, 2022Maio 21st, 2022Sin comentarios

A Casa Dopeso das Pontes acollerá o próximo sábado, 21 de maio, a presentación do cómic Venturas e desventuras do cabaleiro García Rodríguez, o das Pontes, que narra de forma amena os acontecementos que levaron a García Rodríguez a encontrase coa vila das Pontes de Eume.

Esta sesi´no ter´alugar ás 12.00 horas e é aberta ao público.

“As Pontes é un Concello que ten nome e apelidos. Ese nome e eses apelidos son froito dun longo percorrido histórico. Teñamos consciencia ou non, a figura de García Rodríguez de Valcarce deixou a súa pegada na nosa vila”, din dende o Concello.

Esta historieta traslada ao lector ás Pontes de Eume do século XIX, na que podemos se poden ver nobres, xente do común e outras personaxes de época representadas con veracidade.

Venturas e desventuras do Cabaleiro García Rodríguez, o das Pontes é un anaquiño da nosa historia editado polo Concello das Pontes de García Rodríguez con motivo do 650º aniversario da doazón da Vila das Pontes a García Rodríguez.