Skip to main content
A PastorizaAxenda Caducada

A Pastoriza acolle a final provincial de dúatlon escolar

Por 13 Maio, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

O Circuíto da Pastoriza acollerá este domingo, 15 de maio, o campionato provincial de dúatlon escolar do programa Xogade, no que está previsto que participan máis dun cento de participantes das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

A presentación da Final Provincial de Dúatlon Escolar estivo a cargo da concelleira Elva Carrera, acompañada de Mónica Flores, Manolo Cadramón e Paco Villanueva.

Esta proba está organizada polo clube Tripenta Terras de Lugo, Federación Galega de Triatlon e Péntatlon Moderno, Secretaría Xeral para o Deporte e Área de Deportes do Concello da Pastoriza. Dará comezo ás 10:45 horas e ten previsto clausurase sobre as 13.30 horas. Os deportistas farán percorridos en función da súa categoría. Así en carreira serán 400, 800, 1.200 e 2.000 metros; en bicicleta 2, 4, 6 e 8 quilómetros, respectivamente; para rematar cun trazado a pé de 200 metros no primeiro caso, e de 400, 600 e 1.000 metros.