Skip to main content
Axenda Caducada

Meira celebra o martes o Día das Letras Galegas

Por 14 Maio, 2022Maio 17th, 2022Sin comentarios

A Asociación Cultural Avelino Díaz celebra en Meira este martes, 17 de maio, o Día das Letras Galegas na honra de Florencio Delgado Gurriarán.

Os actos consistirán nunha lectura pública participativa dos poemas dos autor homenaxeado este ano pola Real Academia Galega.

Esta terá lugar ás 13.30 horas na praza Maior e a este acto seguirá unha sesión vermú co grupo de Saxos Sénior da Escola de Música de Meira.

A celebración leva o selo no que se indica o desexo de que un ano as Letras Galegas estean dedicadas a Avelino Díaz.