Skip to main content
A PastorizaAxenda Caducada

A Asapa presenta a I Festa da Xuventude da Pastoriza

Por 14 Maio, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

A Asociación de comerciantes e empresarios da Pastoriza presentou o programa da que será a I Festa da Xuventude e que terá lugar o sábado 21 de maio nesta localidade.

O programa dará comezo ás 13.00 horas coa misa na igrexa, seguida, ás 14.00 horas, dunha sesión vermú ao cargo do Dúo Estrellas. Unha vez finalizada, comezará o xantar popular que se celebrará na praza do Concello.

O menú consistirá en empanada, lacón cocido, churrasco, postre, café e bebidas por un custe de 20 euros. Haberá que facer unha reserva previa a través dos teléfonos 630 363 566 (Marcos), 625 065 197 (María) e 639 987 715 (Nacho).

Pola tarde continuará a festa coa actuación da Charanga 555 e, ás 22.30 horas, terá lugar a verbena co dúo Estrellas de novo. Finalizará a programación á 1.00 horas co discoteca móbil Chocolate.

A Asapa explicou que esta festa ten como obxectivo incentivar a vida cultural do Concello.

A asociación está a vender tamén camisetas conmemorativas desta celebración a 10 euros como unha forma tamén de sufragar os gastos da celebración. Hai tallas para nenos da 5 á 10 e de adultos da S ata a 3XL.

Estas véndense na gasolinera da Pastoriza, Muselina Moda e no salón de beleza Lisonxa.