Skip to main content
Axenda Caducada

Dobre actividade esta fin de semana na Casa das Insuas

Por 18 Maio, 2022Maio 22nd, 2022Sin comentarios

A próxima fin de semana vén cargada de actividades na Casa das Insuas. O sábado 21 de maio, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, está programado un Obradoiro de revoco con barro, sendo unha xornada eminentemente práctica para aprender a realizar os proxectos de bioconstrución. O obradoiro é de balde pero é preciso anotarse x que as prazas son limitadas.

Os participantes deberán levar roupa de traballo e luvas de goma ademais de comida propia.

O domingo 22 de maio, con horario de 10:30 a 18:00, realizararse unha saída ó campo para a busca e observación de anfibios e réptiles na Reserva da Biosfera Terras do Miño. Desprazaranse en vehículos propios a diferentes zonas húmidas da reserva e fará falla roupa e calzado de campo e bebida e comida de campo.

Os interesados en participar en calquera delas poden inscribirte na páxina web da AGCT: https://www.custodiadoterritorio.org/actividades ou pedir máis información en custodiaterritorio@gmail.com ou no 670-51.48.88 (revoco de barro) ou 630-94.82.93 (observación anfibios e réptiles).