Skip to main content
Axenda Caducada

Vilalba acolle dúas conferencias sobre as oportunidades do rural organizadas polo Iescha

Por 18 Maio, 2022Maio 27th, 2022Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), continuando coa súa programación anual, organiza para os días 20 e 27 de maio de 2022 senllos actos que terán como temática común o rural.

Baixo o título de Ten futuro o rural? Hai alternativas?, levaranse a cabo dúas conferencias. O venres 20 de maio, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a conferencia a cargo de Antonio Oca Fernández, Enxeñeiro técnico agrícola. Presentará o acto Xoán Carretero López.

O venres 27 de maio, ás 20:30 horas, tamén na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a conferencia a cargo de José Mouriño Cuba, enxeñeiro técnico agrícola e licenciado en Ciencias biolóxicas. Presentará o acto Alfonso Baamonde Fernández.

Estas actividades enmárcanse na denominación xenérica de Debates Necesarios, que deron comezo xa o pasado ano coa temática do PXOM, e con eles o Iescha pretende ofrecer a maior información posible sobre asuntos de interese.

A entrada e libre ata cubrir o aforo estipulado, téndose en conta sempre as medidas sanitarias estipuladas en cada momento.