Skip to main content
Axenda Caducada

Recollen doazóns de sangue este sábado en Begonte

Por 18 Maio, 2022Maio 21st, 2022Sin comentarios

A unidade móbil de doazón de sangue estará este sábado 21 de maio no Concello de Begonte, para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 12.30 horas diante da oficina do Consorcio (fronte Abanca).

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorazar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.