Skip to main content
A Fonsagrada

Antaruxas e Sorteiros organiza na Fonsagrada o Festival das Letras Galegas

Por 15 Maio, 2022Maio 16th, 2022Sin comentarios

O Concello da Fonsagrada acollerá un espectáculo de versos e crónicas organizado pola asociación Antaruxas e Sorteiros co gallo do Día das Letras Galegas. O vindeiro martes, 17 de maio, Florencio Delgado Gurriarán será o protagonista do Vendimiando Versos, unha homenaxe ao escritor nunha viaxe dende o Barco de Valdeorras ata México, por Sole Felloza.

“Unha historia de amor pola terra, a lingua e os costumes e tradicións da súa xente”, así describen este espectáculo.

Este espectáculo poético enmárcase nun Festival das Letras Galegas que arrancará ás 18.00 horas estará amenizado con música e baile tradicional coa Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros que volverá a actuar para o peche do certame, ás 20.00 horas. Todo o Festival terá lugar no Salón de Actos dos Chaos.

A actividade cultural entra dentro da Programación de Dinamización da Lectura Ler conta moito financiado pola Xunta.