Skip to main content
Lugo

O Concello agasallará con libros polo Día das Letras Galegas

Por 12 Maio, 2022Maio 16th, 2022Sin comentarios

A cidade de Lugo celebrará as Letras Galegas cunha serie de actividades que amosarán “a presenza do galego nas distintas artes e na rúa todos os días do ano”. Así o dixo a edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, quen presentou hoxe as actividades que o Goberno municipal ten organizadas para este día.

Entre as actividades que destacou o Executivo local, o propio 17 de maio, a área de Cultura agasallará un libro en galego a todas as persoas que se acheguen á praza Maior, entre as 12 e a 13,30 horas. “Quixemos repetir esta actividade que é un éxito cada vez que a organizamos, e que nos permite achegar as obras do fondo bibliográfico municipal a toda a veciñanza”, afirmou a edil.

Ese mesmo día, o Cemiterio Municipal acollerá un concerto da agrupación Claustromusical e unha lectura poética de textos, a partir das 13.00 horas. As actividades do día das letras comezan o sábado 14, cos con contactontos no Vello Cárcere ás 11:30 e ás 18:00.

Ademáis, ese centro cultural organizará obradoiros infantís entre o 16 e o 22 de marzo, ademais das actividades Pequeviñetistas; A historia de Florencio Delgado Gurriarán, orientada para nenas e nenos de 6 a 12 anos, o luns 16 ás 18h. Co gallo do día das Letras Galegas, para nenas e nenos de 3 a 8 anos, o martes 17 ás 17.30h, e Co gallo do día dos museos, o mércores 18 ás 17.30h, para nenas e nenos de 3 a 6 anos e de 7 a 12 anos.

A asociación Cántigas e Frores celebrará o día das letras con actuacións na rúa polo recinto histórico, os días 15 e 19 ás 12:00.

Ademais, Lugo acollerá, un ano máis, a Feira do Libro entre o 17 e o 22 de maio.

As corais de Lugo organizarán unha homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán o propio 17 de maio, a partir das 18h, no quiosco da Praza Maior. Contará coa presenza da Coral Xolda Polifónica, Solo Voces, Schola Gregoriana Lucensis, Cantar Delas, Orfeón Xoán Montes Conjunto Vocal Lugh, Coral Amigos do Camiño, Coral do Hospital de Lugo, Coral Ecos do Miño Astelu e Orfeón Lucense.

Por último, as orquestras CMUS Xoán Montes darán un concerto no Vello Cárcere o 18 de maio a partir das 19h.