Skip to main content
Lugo

Publicadas as listaxes para as escolas infantís municipais de Lugo

Por 18 Maio, 2022Maio 19th, 2022Sin comentarios

O Concello de Lugo fixo públicas no día de hoxe as listaxes provisionais de adxudicación de praza nas escolas infantís xestionadas polo Concello de Lugo.

Así o informou o edil de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, quen explicou que o Goberno local segue “avanzando no procedemento de adxudicación das prazas nas Escolas, publicando a adxundicación provisional e abrindo o prazo de alegacións”.

O período de alegacións estará aberto ata o 2 de xuño, e o procedemento continuará a partir desa data coa publicación definitiva das listaxes e a apertura do período de matrícula. As listas poden consultarse nos taboleiros de anuncios das distintas escolas e do Concello de Lugo, ademais de nas oficinas da Concellería de Educación.

A rede de escolas infantís municipais está formada por catro escolas distribuidas por toda a cidade. Neste ano, como novidade, aplícase a gratuidade da atención de todas as crianzas, sen importar se teñen ou non irmáns/ás. “Agardamos que no próximo curso poidamos retomar a normalidade sanitaria, co que se recuperarán os horarios e as actividades previos á pandemia”, afirmou Felipe Rivas.