Skip to main content
Lugo

O Pazo dos Deportes réndese ante un Breo inmellorable

Por 15 Maio, 2022Maio 16th, 2022Sin comentarios

O Río Breogán volveuno facer. Nun encontro contra o Unicaja, o equipo celeste despedíase da tempada de regreso á ACB por todo o alto nun 93 -84, no Pazo dos Deportes, no que os bosnio Dzana Musa volvía a levar o peso do que foi o seu último partido co Breo.

Ao carón de Musa, sen deixar caer ao equipo lucense, Kalinoski poñía por diante o marcador do Río Breogán a tan só catro minutos do inicio. Dende ese momento, os de Mrsic levaron sempre a voz cantante diante duns andaluces que non lles puxeron moita resistencia.

Os lucenses, sempre un paso por diante, acabaron un partido de despedidas no que o Breo perde a varios dos seus mellores xogadores de cara a vindeira tempada.

DEPUTACIÓN

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiron este sábado ao partido disputado no Pazo dos Deportes entre o Río Breogán e o Unicaja de Málaga.

Tomé Roca felicitou ao equipo lucense pola vitoria neste último partido de temporada da Liga Endesa (93-84), pero tamén se amosou orgulloso de que o Río Breogán se manteña un ano máis na elite do baloncesto nacional. “Os meus parabéns para todo o equipo de xogadores, pero tamén ao corpo técnico, á directiva e á afección polo traballo constante e frutífero desta tempada. Sodes un orgullo para a provincia de Lugo”, manifestou o Presidente da Deputación.